CRTVG

Buscar

As orquestras galegas xa falan de importantes perdas causadas pola crise sanitaria

Publicado o 15/04/2020 17:13

E outro dos sectores que permanece completamente parado é o dos espectáculos. É certo que a música sae aos balcóns pero desaparece dos palcos e dos escenarios. As orquestras xa falan de imprtantes perdas causadas pola crise sanitaria.

Festivais, concertos, verbenas... esta vez a música non continúa. Foron dos primeiros afectados por esta crise. Ás orquestras, o estado de alerta pillounos xusto a piques de comezar a temporada. A Panorama, por exemplo, ten máis de 150 actuación pechadas. Neste momento non saben cando poderán comezar.

A crise pillounos rematando un escenario novo e cun espectáculo por estrear. Neste momento xa dan por perdidas 36 actuacións, o que supón uns 300.000 euros.

A temporada de orquestras chega ata outubro, así que, de momento, continúan cos ensaios por videoconferencia. Quizais no verán poidamos vernos nalgún torreiro.

Noticias web

15/04/2020