CRTVG

Buscar

As orquestras galegas unen as súas voces contra o coronavirus

Publicado o 22/04/2020 14:45

As orquestras galegas, moi afectadas tamén pola crise do coronavirus, quixeron poñer o seu gran de optimisno co tema Forte tes que empurrar.

Unha iniciativa que quere ser un canto á esperanza e coa que piden que se manteña a loita para superar a crise sanitaria e económica.

Cantantes e músicos de orquestras como Panorama, París de Noia, Combo Dominicano, Ocaband ou Satélites uniron as súas voces contra o coronavirus.

Noticias web

22/04/2020