CRTVG

Buscar

As orquestras dan a temporada de verán por perdida

Publicado o 13/04/2020 19:59


A crise santiaria provocada pola COVID-19 vai afectar as festas, un dos piares económicos de Galicia. A súa probable cancelación deixa sen actividade ata o ano que vén o sector das verbenas. Orquestras e músicos xa dan a temporada por perdida. Como moitos outros, as redes sociais están a converterse no seu escenario virtual

 "Primeiro levámolo con moita incerteza porque somos os últimos que imos traballar, e non sabemos cando imos volver facer festas, volver a facer concertos. Despois nós, as redes sociais, o que usamos son as redes sociais para poder poñer o noso gran de area que a xente quede na casa, que estea o máis entretida posible", conta Lito Garrido

Incerteza que afecta tamén grupos que centran boa parte da súa actividade nas vodas, aprazadas na súa gran maioría

"A partir de setembro todas as que tiñamos nestes meses de abril, maio, xuño... estanse pospoñendo para finais de ano e mesmo para o ano que vén", di Óscar Quintáns

Son momentos difíciles para este sector que aproveita para solidarizarse coa sociedade para pedir que, unha vez superada esta situación, non se esquezan deles

 

Noticias web

13/04/2020