CRTVG

Buscar

As ondas superan os oito metros de altura, na véspera da mellora no mar

Publicado o 11/02/2020 21:18

A forte ondada está a afectar a todo o litoral galego. O aviso laranxa por mar de fondo deixou vagas de oito metros tanto en Cabo Vilán coma en Estaca de Bares. En cabo Silleiro acadaron os seis metros e medio. O mal estado do mar obrigou á maior parte da frota a permanecer amarrada a porto. No litoral da cidade da Coruña, as ondas superaron os seis metros coincidindo coa preamar da tarde e o concello pechou aos peóns varios treitos do paseo marítimo. Un deles foi o de Riazor. Aquí, as ondas sobrepasaron a duna e chegaron á calzada, aínda que non ocasionaron maiores incidentes.

Este mércores, a situación tende a mellorar no mar. Aínda así, xa pola tarde o aviso por ondas pasará a ser amarelo.

Noticias web

11/02/2020