CRTVG

Buscar

As obras do AVE obrigan a facer o traxecto entre Ourense e Zamora en autobús

Publicado o 05/11/2019 15:34

Chegan á estación central de Ourense, pero non van coller o tren. Desde hoxe, e ata o 28 de novembro, as viaxes entre Galicia e Madrid vía Zamora inclúen autobús.

"Se fose un transbordo máis curto, ata Pobra de Seabra, pois vale. Pero ata Zamora é, practicamente, toda a viaxe". "Unha cousa é que vaias a unha aldea aquí ao lado, pero ata Zamora e que esteamos sempre en obras".

O máis incómodo, coinciden, carrexar coas maletas dun lado para outro.

"Despois hai que baixalo, volver subilo... É un inconveniente".

O treito Ourense-Zamora está cortado polas obras da alta velocidade. Ao haber traxectos de vía única, as obras son incompatibles coa circulación dos trens.

"Claro que é unha molestia, pero non hai atallo sen traballo". "A min non me supón nada, porque vou chegar á mesma hora".

En total, en Galicia hai 14 trens diarios afectados. Todos os que pasan por Zamora. Nesta primeira xornada, algo máis dun milleiro de persoas tiveron que coller o autobús.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019