CRTVG

Buscar

As obras do AVE deixan unha vintena de trens afectados en Ourense; este martes serán unha ducia

Publicado o 07/10/2019 20:31

As obras da alta velocidade na estación de Ourense afectaron hoxe máis dunha vintena de trens. Os pasaxeiros tiveron que facer parte do traxecto en autobús.

Unha situación que continuará mañá, cunha ducia de convois afectados, entre eles varios Alvia e Avant con saída ou chegada á Coruña, Ferrol, Pontevedra ou Santiago. Tamén se verá afectado o tren hotel que vai a Madrid ou o Intercity, que une Vigo con Bilbao. O mércores restableceríase xa a normalidade no tráfico ferroviario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019