CRTVG

Buscar

Avanzan cos contratos dos traballos para a Quintana e a Porta Santa da catedral

Publicado o 16/11/2019 18:04

Co gallo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, a catedral de Santiago, que se conta entre os monumentos históricos de Galicia, recibía a visita de varias autoridades para salientar a importancia desta data e comprobar o avance das obras de restauración do templo, que se están a facer coa vista posta no Ano Santo de 2021.

Cun orzamento de 17 millóns de euros, no marco dos convenios entre o Ministerio de Facenda, a Xunta e a Fundación Catedral, unha parte significativa dos traballos podería estar rematada para mediados do vindeiro ano, o que permitiría recuperar a actividade habitual no templo, interrompida dende hai meses, e celebrar alí o Día de Galicia.


"As grandes obras do interior van a bo ritmo, probablemente estea rematada na primaveira de 2020, e tamén de cubertas, que previsiblemente estará rematada en outono tamén do ano 20, para que no 21 estea perfectamente", afirma Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e Turismo.

O vindeiro martes publicarase tamén a execución das obras na fachada da Quintana e da Porta Santa, valoradas nun millón e medio de euros e que se conta que poidan rematar en oito meses. Para acelerar os traballos de restauración da catedral, a Xunta compromete, ademais, unha partida de oitocentos mil euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019