CRTVG

Buscar

As noites en Calvos de Randín superan o frío de Moscova, con 8 graos baixo cero

Publicado o 04/01/2019 10:40

Galicia está a vivir estes días as características típicas dun inverno seco. As temperaturas son moi baixas, as mínimas rexistráronse hoxe en Calvos de Randín, en Ourense, con 8 graos baixo cero. Canda elas predominan tamén as xeadas e, en puntos como Lugo, a néboa.

Os días arrancan así, tinguidos de branco en practicamente toda Galicia. As xeadas son recorrentes e propias dun inverno seco coma este. Canda elas descenden os mercurios. As mínimas rexistráronse en Calvos de Randín, con 8,2 graos baixo cero, pero destacan tamén, por exemplo, as de Foz, onde ao pé da costa baixaron ata un grao. Con este panorama é difícil saír da casa.

O anticiclón bloquea a entrada de borrascas pero ten outros inconvenientes, o ceo despexado deixa escapar a calor e o vento frouxo fai que non se disipen as néboas.

Toca aclimatarse porque as previsións de tempo seco e frío prolongaranse máis aló da fin de semana.











 

Noticias web

04/01/2019