CRTVG

Buscar

83 mortes por por COVID-19 en España na última xornada

Publicado o 19/05/2020 16:58

As mortes por coronavirus en España aumentaron en 83 nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra total de falecidos por COVID-19 aos 27.778, segundo o informe publicado este martes polo Ministerio de Sanidade.

Ata o momento, notificáronse un total de 232.037 casos confirmados de Covid-19 por PCR, o que supón 295 máis nun día, 11.414 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 11 nas últimas 24 horas, e 124.159 precisaron hospitalización, 166 no último día.

Dos 295 positivos rexistrados este martes, a repartición por comunidades autónomas é a seguinte:

· 13 pertencen a Andalucía (12.471 en total)

· 17 a Aragón (5.520)

· 4 a Asturias (2.373)

· 12 a Baleares (2.005)

· Canarias non rexistrou ningún caso, aínda que en total deron positivo en PCR un total de 2.294 persoas

· 2 a Cantabria (2.273 en total)

· 29 a Castela-A Mancha (16.677)

· 37 a Castela e León (18.549)

· 51 rexistráronse en Cataluña (55.825)

· 1 en Ceuta  (117)

· 5 na Comunidade Valenciana (10.962)

· 1 en Estremadura (2.953)

· 2 en Galicia (9.058)

· 92 en Madrid (66.643)

· En Melilla non se rexistrou ningún, aínda que en total tivo 121 casos

· 2 en Murcia (1.558)

· 24 en Navarra (5.202)

· No País Vasco non se rexistrou ningún caso e en total contabilizou a 13.409 persoas positivas en PCR

· 3 na Rioxa (4.027)

Respecto ás mortes, Andalucía, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Melilla, Murcia e Navarra non notificaron ningún falecido nas últimas 24 horas.

Con todo, o reconto total de falecidos por comunidades é o seguinte:

· En Andalucía faleceron ata o momento 1.358 persoas

· En Aragón 843 (5 nun día)

· En Asturias 303

· En Baleares 219 (1 máis)

· En Canarias 155 (2 máis)

· En Cantabria 208 (1 máis)

· En Castela-A Mancha 2.900 (2 nas últimas 24 horas)

· En Castela e León 1.960 (7 máis)

· En Cataluña 5.981 (25 nas últimas 24 horas)

· En Ceuta contabilizáronse 4 falecidos desde o comezo da pandemia

· Na Comunidade Valenciana 1.370

· En Estremadura 504 (4 no último día)

· En Galicia 607

· En Madrid 8.894 (31 nas últimas 24 horas)

· En Melilla 2 en total

· En Murcia 145

· En Navarra 503

· No País Vasco 1.470 (4 nun día)

· Na Rioxa 352 (1 máis)

En canto aos ingresos nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI) contabilizáronse un total de 11.414 persoas, das cales 11 ingresaron nas últimas 24 horas. Nesta última xornada, só houbo ingresos en Castela-A Mancha (1), Cataluña (3), Comunidade Valenciana (1) e Madrid (6).   

Respecto aos hospitalizados, en total precisaron hospitalización por COVID-19 124.159 persoas, 166 no último día, sendo Ceuta, Melilla e Navarra as únicas que non rexistraron ningunha nova hospitalización. 

Ademais dos casos confirmados por PCR notificáronse resultados positivos con test de anticorpos en 46.766 persoas.