CRTVG

Buscar

As Meninas de Canido, festival de arte urbana que recupera este ano a súa esencia

Publicado o 04/09/2020 21:09


A arte urbana volve invadir Canido, cunha nova edición das súas Meninas. Uns 40 artistas xa están a traballar para plasmar nas paredes das rúas do barrio ferrolán a súa versión contemporánea do cadro pintado por Velázquez no século XVII. Corenta obras en pequeno, mediano e gran formato, como a do artista madrileño, Hugo Lomas, autor de murais espallados por medio mundo. A súa menina ten o tamaño dun edificio de oito pisos, coa dificultade engadida de que non está realizado sobre unha superficie lisa. Non é a primeira vez que este artista estampa unha das súas obras nas rúas de Canido.

 "A min a verdade non me gusta explicar as obras, sempre meto simboloxía pero non me gusta explicar as obras...Prefiro que o significado sexa ao mellor que unha persoa vaia traballar, estea un pouco triste, vexa o mural e que se alegre", di o artista Hugo Lomas.

Neste ano tan especial, as Meninas de Canido non contará con actividades paralelas, para evitar a concentración de público. Porén a pandemia fai que este festival de arte recupere a súa esencia coa que naceu.

 "Un pouco diferente tamén un pouco de volta ás orixes. Cado empezamos era unha exaltación pictórica en que intentabamos reivindicar. Este ano tamén é un pouco reivindicar que a cultura ten que estar aí e que ten que seguir adiante". Afirma o impulsor das Meninas de Canido, Eduardo Hermida.

As Meninas de Canido naceron no ano 2008 co obxectivo de lograr a rexeneración urbanística dun barrio, daquela deprimido, a través da arte.
 

Noticias web

04/09/2020