CRTVG

Buscar

As matriculacións sofren a maior caída dende o inicio da crise económica

Publicado o 02/09/2019 21:46

 

 

No que vai de ano vendéronse en España case 900.000 vehículos. Segundo datos de fabricantes e vendedores, iso supón unha baixada dun 9% con respecto ao mesmo período do exercicio anterior.

Comparado con agosto do ano pasado, as vendas de coches baixaron este agosto en máis dun 30%. Algo que se explica moi facilmente.

Raúl Morales, director de Comunicación de Faconauto: "É unha caída agardada polo sector porque hai que ter en conta que agosto do ano pasado foi excepcionalmente bo porque entrou en vigor WLTP e obrigou o sector a automatricular moitos vehículos e foi un mes histórico. Contextualizado, o dato de agosto deste ano non é tan malo. Esas 74.000 unidades convírteno no mellor agosto dende 2007. Foi un bo mes".

Este é o mellor agosto dende 2007. Pero hai un dato que preocupa. As vendas a particulares caeron este mes nun 27%. E é que o cambio tecnolóxico do sector fai que moita xente non saiba se mercar un diésel barato, un eléctrico ecolóxico ou un híbrido que nos libre de longas recargas.

Fernando Cebro Trenco, xefe de Vendas de Citroën Noyamóvil: "Está intentando o Goberno unha electrificación, pero está apurando o paso e a xente en vez de comprar o que precisa hoxe está pensando no día de mañá pero non están adaptadas as electrolineras e este tipo de cousas que nos fan máis doado o día a día".

Por tipo de combustible, o 59% dos coches que se venderon foron de gasolina. 0 27% de diésel e o 14% de híbridos, eléctricos e a gas.



 

Noticias web

02/09/2019