CRTVG

Buscar

As máscaras seguirán sendo obrigatorias tras a fin do estado de alarma

Publicado o 06/06/2020 09:50

Xa se sabe que as máscaras van seguir sendo obrigatorias unha vez finalice o estado de alarma. Así o establece o Goberno no borrador do real decreto que regulará a "nova normalidade" e que ten previsto aprobar o martes. Nel prevense sancións de ata 100 euros para todo aquel que non cumpra esta prescrición en espazos públicos pechados. Estarán exentos de usalas, igual que ata o de agora, os menores de seis anos e aquelas persoas con algunha enfermidade ou dificultade respiratoria.

 

Noticias web

06/06/2020