CRTVG

Buscar

Máscaras de moda: un complemento para lucir, pero non todas protexen

Publicado o 12/06/2020 15:08

As máscaras entraron nas nosas vidas para protexernos. Pero xa se sabe, somos presumidos e "por campar, arrabear" e pronto a moda comezou a facer distingos. Máscaras para combinar con todo, ata con vestidos de lamé dourados. Máscaras de alta costura, de edicións limitadas e das que sabemos o prezo que nos axudan a un ter un estilo único... e pouco máis. Imaxinamos que son reutilizables. Ese é un dos datos que deberiamos mirar na etiqueta cando mercamos unha máscara.

Pero cales son esas especificacións técnicas que nos convén ter en conta? Na etiqueta, ademais do tecido ou material téxtil e o mantementento, é importante saber se son reutilizables ou non. E dentro das reutilizables, mirar se cumpren cos estándares de calidade que marca a Asociación Española de Normalización, a UNE. Estas son: dun lado, a eficacia de filtración, que debe ser igual ou maior ao 90%; doutro, a respirabilidade, que debe ser dunha presión direferencial inferior a 60 pascais/ cm2.

Pero vaiamos de compras e miremos. Eliximos esta. Se picamos na máscara, deberiamos ver se estamos mercando un produto seguro.

Neste caso... comprobamos que todo está especificado e cumpre con todos os requisitos.

Pero vaimos a outra dunha coñecida marca deportiva. Sabemos que é lavable e a composicón do tecido. Pero non hai máis datos que nos indiquen que cumpre cos estándares de calidade.

E se seguimos buscando... podemos atopar outras coma esta de algodón que, como única protección especifica, leva un peto para poder incorporarlle un filtro.

En todo caso, convén recordar que se trata de máscaras hixiénicas, apropiadas para persoas sas e sen uso sanitario e serven para protexer os que nos rodean de posibles transmisións pola respiración. Iso si, sempre é bo saber con que nos protexemos.

Noticias web

12/06/2020