CRTVG

Buscar

As máscaras cirúrxicas non se poden vender por riba dos 0,96 euros a unidade

Publicado o 26/04/2020 15:31

"Nas farmacias a partir de agora non a poden vender por riba dos 0.96 euros. Lembremos que esta máscara non protexe a quen a leve senón que diminúe a posibilidade de contaxio a terceiros", explica María Álvarez, directora de Consumidores en Red.

Do mesmo xeito, o Ministerio de Sanidade fixa un prezo máximo para as solucións hidroalcólicas autorizadas temporalmente pola Axencia Española de Medicamentos. "Por exemplo, un bote de 200 mililítros o seu prezo non pode exceder de 3,60 euros", asegura.

O que non asume o Goberno é o sobreprezo que puideran pagar as farmacias por estes produtos en plena crise. Agora ten pendente fixar un límite para os antisépticos de pel sa e as máscaras protectoras, máis necesarias durante a desescalada.

A directora de Consumidores en Red considera que fixar un importe máximo para estas máscaras podería provocar un problema de subministración. "Os principais fabricantes deste tipo de máscaras protectoras son Alemaña, China, os Estados Unidos... e van vendelas a aqueles que estean dispostos a pagar máis", argumenta.

Propón ir adaptando os prezos á demanda e á subministración en cada momento para garantir máscaras de protección, sobre todo, ás persoas máis vulnerables.

Noticias web

26/04/2020