CRTVG

Buscar

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo acollen o primeiro de xente nova da rede española de reservas da biosfera

Publicado o 23/10/2019 21:00

Acudiu como convidado no cumio do clima celebrado en Nova York e participou en varios foros internacionais. Ricardo quere contribuír ao desenvolvemento do territorio en que vive e faino desde as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, declaradas reserva da biosfera pola Unesco en 2013.

É un dos 39 mozos e mozas, representantes de 30 reservas da biosfera españolas, que comparten experiencias arredor do desenvolvemento sostible tomando como referencia o modelo dos espazos protexidos.

Xunto ao pazo de Mariñán, o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, e o concello de Betanzos serán sede deste primeiro foro de xente nova da Rede Española de Reservas da Biosfera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019