CRTVG

Buscar

As luces de Nadal dunha casa de Ordes chaman a atención dos que pasan pola N-550

Publicado o 30/11/2019 21:04

Se vostedes adoitan pasar pola nacional 550, de seguro que xa se fixaron nesta casa. Está á altura de Ordes, de Santa Cruz de Montaos, e cada nadal sorprende polo seu alumeado. Ano tras ano engaden novos detalles que fan que sexan moitos os curiosos que deciden facer un alto no camiño e inmortalizar unha estampa habitual noutros lugares do mundo pero que non adoitamos ver nos fogares galegos.

Noticias web

30/11/2019