CRTVG

Buscar

Avalían os danos e investigan as causas do incendio nas termas Chavasqueira

Publicado o 25/04/2019 19:37

Toca avaliar danos e coñecer as causas do incendio. Os bombeiros de Ourense tiveron que intervir de novo esta mañá para arrefriar algunhas brasas que se avivaron na madeira do complexo Termal Chavasqueira, que quedou totalmente calcinado polo lume. Parte da estrutura caeu e as vigas que se manteñen en pé son irrecuperables.

Tras o recoñecemento dos bombeiros, permitiron o acceso á Policía Científica, que comezou cos labores da investigación que manteñen aberta para esclarecer a orixe deste virulento incendio. Por agora, din os bombeiros, non hai risco de derruba.

Non hai perigo para as persoas, aseguran os bombeiros, pero por seguridade, e para evitar os curiosos, o paseo fluvial está pechado aos viandantes. Con todo, segue accedendo xente, tamén ás termas públicas. A sociedade ourensá segue consternada pola perda do símbolo do termalismo ourensán.

Sobre as causas, por agora, non se desbota ningunha hipótese. Os técnicos municipais tamén estiveron de novo inspeccionando a instalación. Dende o Concello de Ourense din que agardan os informes técnicos para comezar a tomar decisións e poder reconstruír cando antes este turístico complexo termal.


 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019