As intoxicacións son habituais no inverno e a prevención pode salvarnos a vida
A perigosidade da intoxicación por monóxido de carbono débese a que é un gas inoloro, incoloro, insípido e non irritante, que se produce pola mala combustión do gas natural, a leña, o carbón e outros combustibles.
Para evitar riscos hai que ter en conta, entre outros, os seguintes consellos básicos:
- Colocar os grupos electróxenos ao aire libre.
- Revisar periodicamente todo tipo de estufas de gas e comprobar as saídas ao exterior dos aparellos calefactores.
- Verificar os condutos e reixas de ventilación da casa.
- Manter sempre algunha estancia ventilada.
- Non durmir con estufas prendidas, salvo as de tiro balanceado.
- Buscar alternativas ao uso de braseiros e estufas de queroseno.
Os síntomas dunha intoxicación maniféstanse con dor de cabeza, mareos, náuseas, vómitos, palpitacións, cansazo, debilidade e perda de coñecemento.
Tomar as medidas de prevención axeitadas no noso fogar e actuar correctamente se detectamos unha fuga de gas, pode salvarnos a vida.