CRTVG

Buscar

As insolvencias empresariais medraron un 13 % en decembro

Publicado o 13/01/2021 14:42
As insolvencias empresariais medraron un 13 % en decembro

Máis datos económicos. Hoxe coñecemos o de insolvencias empresariais que aumentaron en España un 13 por cento no mes de decembro.

As medidas adoptadas tras a declaración da pandemia consiguiron frear o agardado aumento das declaracións de quebra, pero chegado xa o final do ano semella que se está a producir un cambio de tendencia. En decembro medraron os procesos concursais e as disolucións de empresas.

Cataluña, seguida de Madrid, foron as comunidades autónomas onde se rexistraron máis quebras.

Noticias web

13/01/2021