CRTVG

Buscar

As illas Ons, cheas ata o xoves

Publicado o 10/08/2020 17:42

Tanta é a afluencia que ata este xoves xa non hai prazas libres nas navieiras.

A maior parte dos que se desprazan veñen desde diferentes puntos do territorio español, pero tamén son moitos os que se achegan desde distintas localidades da nosa comunidade para pasar a xornada.

Desde mediados do mes pasado, a afluencia dos 1.300 visitantes diarios permitidos alcánzase practicamente a diario. Máis de 33.000 persoas visitaron Ons desde o inicio da temporada.

Noticias web

10/08/2020