CRTVG

Buscar

As illas Cíes, un dos destinos vacacionais máis cobizados

Publicado o 28/07/2020 13:55

As illas Cíes son un dos destinos turísticos mais cobizados deste ano. Tanto, que non hai billetes no que queda de semana, e o cámping xa colgou o cartel de completo para todas as fins de semana de agosto.

Quen viaxa ás Cíes, repite. Tamén é un destino seguro en que se cumpren todas as normas de hixiene e distancia social.

Os barcos van cara ás illas cheos de xente, chegada na meirande parte de fóra de Galicia. O arquipélago atrae vistantes de zonas de España especialmente azoutadas pola Covid-19.

Un dos engados das illas Cíes é o rigoroso cumprimento das medidas de hixiene e seguridade nestes tempos de Covid-19.

Cunha ocupación diaria de 1.800 visitantes, recoméndase reservar unha semana antes de ir ás illas Cies e lembrar facer tamén na web as autorizacións necesarias para a viaxe e o desembarco.

Noticias web

28/07/2020