CRTVG

Buscar

As grandes treboadas deixan numerosos danos en vivendas e cultivos por toda España

Publicado o 12/08/2020 21:28

Veciños e operarios municipais da localidade sevillana de Estepa traballan arreo para limpar os restos da fenomenal enchente que arrastrou muros de vivendas, coches e mobiliario urbano, como reflicten as imaxes. Ata setenta litros por metro cadrado se rexistraon en algo máis dunha hora.

Había case un século que non se rexistraba chuvia tan intensa como as que nas últimas horas caeron sobre a cidade de Córdoba. 60 litros por metro cadrado en apenas uns minutos, que deixaron unha longa restra de estragos.

O mesmo sucedeu en Cidade Real, onde os talleres non da abasto a reparar os vidros esnaquizados polo pedrazo. Os empresarios locais reclaman a declaración de zona catastrófica polos danos producidos en negocios, residencias, vehículos e, sobre todo, en cultivos agrícolas.

Noticias web

12/08/2020