CRTVG

Buscar

"As galegas son moito" é o lema do PPdeG na celebración do Día da Muller

Publicado o 06/03/2020 14:50

Conselleiros, conselleiras, alcaldesas, deputados, deputadas, unha percebeira, unha gandeira, unha adegueira, galegas, novas. Voces femininas, emprendedoras, políticas e non políticas, falaron de liberdade, de igualdade, nun encontro en Santiago organizado polo PPdeG .

Susana López Abella: "O PP é o partido da igualdade e ninguén ten que darnos leccións".

O lema do encontro foi "As galegas son moito".

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "Galicia é un país de igualdade, sostible e responsable".

O PPdeG reivindícase como o partido da igualdade moderada e con sentido común.

Elena Candia: "Ser feminista non é chegar soa e borracha á casa".

En feminino, o PPdeG súmase á celebración do Día Internacional da Muller.

Noticias web

06/03/2020