CRTVG

Buscar

As Fragas do Eume recuperan visitantes tras a parada do coronavirus

Publicado o 27/07/2020 17:14

O parque natural das Fragas do Eume abarca 9.000 hectáreas na contorna do río Eume, desde o concello das Pontes ata Pontedeume e Cabanas. Caaveiro, Monfero e Capela son as tres portas de entrada principais a este espazo pouco común.

"É un conxunto de árbores frondosas, caducifolias e autóctonas, en que hai moitas árbores representadas pero non hai ningunha que domine sobre outra. Pódense atopar carballos, bidueiros, castiñeiros, loureiros, abeleiras. Hai feitos do cuaternario que desapareceron noutras lugares de Europa e que se manteñen aquí. E está o mosteiro de Caaveiro, un dos princiais reclamos á parte da natureza e a vexetación", di Segundo Ruiz, educador ambiental.

Ten tres centros de información para visitantes, que poden facer desde sendeirismo ata kaiak ou acampada, ademais de paseos á sombra por un bosque atlántico único en Europa.

"Rutas para facer a pé, a carón do río, rutas por zonas panorámicas desde as que se pode ver o canón do Eume, e se pode atopar sobre todo tranquilidade", engade Ruiz.

O parque perdeu afluencia nas primeiras semanas tras o estado de alarma, pero neste mes de xullo está a recuperar o seu número habitual de turistas.

Noticias web

27/07/2020