CRTVG

Buscar

As forenses din que o acusado do crime da rozadoira tiña un medo insuperable

Publicado o 29/03/2019 15:56

Xosé Luís Viéitez non puido conter as bágoas escoitando o testemuño da psicóloga e a psiquiatra que o atenden na prisión da Lama. Contaron que estivo no protocolo de prevención de suicidios cando ingresou no cárcere polo seu estado depresivo. Describírono como unha persoa cun cociente intelectual baixo, que padecía un trastorno adaptativo mor mor das continuas desavinzas e conflitos co seu veciño.

Así o explica o psiquiatra que o atende no cárcere da Lama.

Testemuño clave foi o das forenses que avaliaron o acusado despois do crime. Coinciden no diagnóstico de Xosé Luís Viéitez e engaden que padecía estrés postraumático a raíz da agresión que sufrira meses antes por parte da vítima, o que lle provocaba un medo insuperable ao veciño, que puido provocar a súa reacción violenta o día do crime ao sentirse ameazado e perder a razón.

Baseándose neste informe forense do IMELGA, o fiscal manterá a redución da pena a 18 anos por un delito de asasinato e outro en grao de tentativa. Tras a lectura das conclusións, o luns o xurado reunirase para deliberar e emitir o seu veredicto.

Noticias web

29/03/2019