CRTVG

Buscar

As Filipinas, en alerta por tsunami volcánico

Publicado o 15/01/2020 20:38

As autoridades filipinas non baixan a garda e continúan cos labores de prevención e evacuación das zonas en perigo polo volcán Taal. Son máis de 40.000 os cidadáns trasladados a albergues de Manila por unha erupción que provocou fontes de lava de 500 metros de altura.

A alerta que segue vixente é de 4 nunha escala de 5. O risco dun tsunami volcánico está máis presente ca nunca, segundo os expertos.

Noticias web

15/01/2020