CRTVG

Buscar

As festas do Corpus alcanzan o seu ecuador en Ourense

Publicado o 26/06/2019 22:13

Rematou o colexio, pero en Ourense os pequenos non están ociosos. Teñen moito que ver, xa de mañá co teatro de rúa que arrinca máis dun sorriso e moitos aplausos. Malia a ameaza de peche dos feirantes por malestar coa organización, as atraccións seguen atraendo cada tarde pais, fillos e avós.

Na zona vella, os escenarios invaden as prazas. A música ambienta as terrazas de bares e restaurantes, non sempre ao gusto de todos.

Na Praza Maior, María do Ceo ensaia un fado para esta noite. Xa no ecuador das festas, están por vir os concertos máis potentes. Para os nostálxicos, mañá actúa Marea e o sábado Siniestro Total. Por Expourense pasarán tamén Izal e Aitana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019