CRTVG

Buscar

A fervenza do Ézaro, un dos destinos favoritos nesta ponte

Publicado o 18/03/2019 16:12

Durante o ano 2018, máis de 63.000 persoas entraron na oficina de turismo do Ézaro, interesadas por coñecer este e outros lugares da Costa da Morte.

Ada González Fernández: "Nos últimos anos, sobre todo como consecuencia da Volta ciclista a España, no ano 2012, si que se notou un gran crecemento no número de visitantes que se achegaron á oficina de turismo do Ézaro, porque son datos que nós recompilamos, pero evidentemente é extrapolable a toda a Costa da Morte, porque se ve favorecida toda a rexión".

As visitas que se achegan ao Ézaro aumentan ou diminúen en función da tempada. A Semana Santa é un punto de inflexión, son datas en que se produce un pico no turismo do interior. A partir de maio mantense un nivel intenso de afluencia, ata despois do verán, o outono recibe máis turismo europeo.

O río Xallas desemboca ao mar en Dumbría, a través desta fervenza con corenta metros de caída. Dende o ano 2011, o Ézaro mantén un caudal de auga estable durante todo o ano.

Noticias web

18/03/2019