CRTVG

Buscar

As enquisas prefiguran un Congreso sen maioría clara de goberno

Publicado o 03/11/2019 14:32

La Voz de Galicia destaca que "o 10-N non desfai o bloqueo e haberá que pactar". No conxunto estatal, o PSOE conseguiría 114 escanos, seguido do PP con 96, 42 para Vox, 32 Unidas Podemos e 18 Ciudadanos. En Galicia, empate entre o PSOE e o PP con 10 escanos, 2 obtería Unidas Podemos e 1 para o BNG.

Na enquisa conxunta de Faro de Vigo e La Opinión, o PSOE lograría de 115 a 124 representantes por diante do PP con entre 90 e 96; Vox, terceira forza con entre 35 e 42, seguido de Unidas Podemos e Ciudadanos. En Galicia, este estudo de opinión sitúa o PSOE cun escano máis ca o PP.

Tamén La Región e Atlántico Diario publican unha sondaxe conxunta, que coloca o PSOE en cabeza con entre 130 e 138 deputados: o PP aquí figura na banda baixa (entre 80 e 86) con Vox tamén como terceira forza. Na provincia de Ourense empatarían o PP e o PSOE con 2 escanos e en Pontevedra o PSOE lograría 3 deputados, por diante do PP (entre 2 e 3)

El Progreso destaca que "o PP e o PSOE repiten resultados en Lugo con dous deputados cada un".

El País resume así o panorama electoral: "O PSOE perde forza, o PP crece e o bloqueo persiste". Outórgalles 121 escanos aos socialistas, 91 ao PP, 46 a Vox, 31 a Unidas Podemos, 14 a Ciudadanos e 5 a Más País.

Finalmente, para El Periódico o significativo é que "o PSOE resiste ante unha dereita que non suma". Aquí os socialistas sitúanse con entre 119 e 123 cadeiras no Congreso, o PP entre 84 e 87, Vox entre 49 a 53, mentres Unidas Podemos resiste e Ciudadanos baixa con forza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019