CRTVG

Buscar

As enquisas dos diarios 'ABC' e 'El Mundo' din que Feijóo manterá a maioría absoluta o 5-A

Publicado o 09/03/2020 10:40

Os xornais publican hoxe varias enquisas sobre as eleccións galegas. ABC destaca que Feijóo volvería obter maioría absoluta, aínda que máis axustada que a actual. Danlle entre 38 e 40 escanos. Soben o PSdeG e o BNG. Os socialistas obterían entre 18 e 20 deputados. O Bloque, 13 ou 14. Sería á custa do Grupo Común da Esquerda, que obtería, como moito, catro escanos, segundo esta enquisa. Non terían representación nin Vox nin Ciudadanos.

Os resultados son similares na enquisa que publica El Mundo. Feijóo mantería a maioría absoluta pola mínima, titulan. Danlle tamén entre 38 e 40 escanos. O socialistas galegos terían entre 19 e 21 deputados e o BNG 12 ou 13. Galicia en Común quedaría con entre tres e cinco deputados. Tampouco lle dan representación nin a Vox nin a Ciudadanos.



 

Noticias web

09/03/2020

Máis sobre actualidade