As empresas que rozan están sobrecargadas de traballo
Publicado o 11/08/2020 20:55
Os montes son este verán máis combustibles. Tras unha primavera confinada, as empresas que se dedican á roza están desbordadas pola carga de traballo. Algunha mesmo xa ten a axenda completa ata o mes de decembro.
O inverno pasado foi moi chuvioso e a vexetación creceu de xeito considerable. Con este verán caloroso, esa maleza ameaza en converterse en material combustible, de aí a importancia de ter todo ben rozado.
O custo de rozar é moi variable, dende os 300 euros por hectárea dunha zona mecanizable máis sinxela ata as zonas máis duras e inaccesibles, que superan os 2.000 euros por hectárea.