CRTVG

Buscar

As eleccións galegas e vascas pódense celebrar durante o estado de alarma

Publicado o 09/05/2020 11:14


Galicia e Euskadi poderán celebrar as eleccións autonómicas adiadas no mes de abril. A cuarta prórroga do estado de alarma ata a medianoite do 24 de maio non vai supoñer obstáculo ningún para que se poidan convocar durante a súa vixencia. O BOE publica o compromiso do Goberno co PNV e dálle luz verde a que se poidan celebrar os comicios galegos e vascos durante o verán, se así o deciden os presidentes das dúas comunidades.

Na orde o goberno obrígase a dispoñer o oportuno para que os servizos públicos de Correos, os fedatarios públicos e demáis servizos da súa responsabilidade axuden ao mellor desenvolvemento e realización de eleccións convocadas a parlamentos de comunidades autónomas.

Noticias web

09/05/2020