CRTVG

Buscar

As dúbidas no inicio do curso minoran a compra de material escolar

Publicado o 01/09/2020 14:24

A costa de setembro comeza en boa parte das familias coa compra do material escolar. Pero este ano en que nada é como acostumaba, tampouco se segue o mesmo ritmo á hora de mercar os libros e a roupa que fai falta para empezar o curso.

As dúbidas fixeron que moitas familias agardasen a setembro, pero para outras mercar agora é o habitual.

Este ano haberá que incluír elementos novos na lista de material, como as máscaras.

Tamén suman os dispositivos electrónicos, por se hai que volver ás clases a distancia.

Non queda outra que adaptar as rutinas e os petos ás novidades, pero hai cousas que nunca cambiarán.


 

Noticias web

01/09/2020