CRTVG

Buscar

As dúbidas de Bóveda coa volta da liga: "Empeza algo novo e ninguén sabe como vai ser"

Publicado o 07/06/2020 12:56

Eneko Bóveda atendeu a Televisión de Galicia e analizou como ve o equipo para o treito final da liga. Para Bóveda comeza algo totalmente novo "e ninguén sabe como vai ser".

Hai moitas dúbidas con respecto ao treito final do campionato, máis tendo en conta a irregularidade do equipo ao longo de toda a temporada. O lateral vasco considera que o máis positivo é que poderán defender a permanencia na categoría "no terreo de xogo".

Noticias web

07/06/2020