CRTVG

Buscar

Ás dúas da tarde entrou en vigor a prohibición de entrar e saír de Castela e León

Publicado o 30/10/2020 14:07

Durante os próximos dez dias non se poderá entrar nin sair de Castela e León. O peche perimetral da comunidade veciña altera sobre todo a vida dos habilantes das localidades limitrofes de ambas comunidades. As relacións entre leoneses e galegos son estreitas.

A pésima evolución das cifras de novos contaxios e a presión hospitalaria fixo que o goberno castelanoleones decidise o peche perimetral nun intento por frear a curva ascendente.

Xa anunciaron que se o 9 de novembros o balance non é positivo están decididos a implantar o confinamento docimiciliaro da poboación a mediados de novembro.

 

Noticias web

30/10/2020

Máis sobre actualidade