CRTVG

Buscar

As doenzas pulmonares son a terceira causa de morte en España

Publicado o 25/09/2019 14:51

Doenzas como o cancro de pulmón ou a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, a EPOC, teñen máis ou menos a mesma incidencia en Galicia que no resto de España, aínda que aquí si hai máis casos de asma. En xeral, nos últimos anos aumentou o número de mulleres con cancro de pulmón.

Pedro J. Marcos, pneumólogo: "Vemos como se están a comunicar máis casos de mulleres e que as mulleres, co mesmo consumo de tabaco que os homes, teñen máis posibilidades de ter EPOC e cancro de pulmón"

Para o coidado do sistema respiratorio o fundamental é non fumar. Ademais, recomendan facer exercicio e manter unha dieta equilibrada. E evitar tamén unha práctica moi estendida, sobre todo, entre a xente nova: o vapeo. Os pneumólogos advirten dos seus riscos.

Pedro J. Marcos, pneumólogo: "Probablemente a revista clínica máis prestixiosa do mundo, a New England Journal of Medicine, publica 53 casos de doentes que relacionan directamente a patoloxía pulmonar co vapeo e, deses, un terzo chegou a estar intubado, precisando ventilación mecánica".

Xa van preto de 600 doentes e nove mortes onde se viu que había unha relación directa co vapeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019