CRTVG

Buscar

As distraccións ao volante son a primeira causa dos accidentes mortais

Publicado o 09/12/2020 14:49

As distraccións ao volante son xa, por riba do alcohol ou as drogas, a primeira causa de accidentes mortais nas estradas españolas. A maioría desas distraccións débense ao uso do teléfono móbil, e non para falar, senón para usar o WhatsApp.

Enviar unha mensaxe leva, cando menos, catro segundos, e nese tempo un coche anda decenas de metros sen que o condutor estea mirando a estrada.

Dado que máis do 30 % dos accidentes mortais de tráfico son debidos a isto, a DXT ordenou aumentar a vixilancia. E para facelo con maior eficacia, dotou a Garda Civil de camións e furgonetas camuflados, que permite ver mellor o interior dos vehículos.

Ao mesmo tempo decidiuse aumentar as sancións.

Eliminar o uso do móbil da condución é hoxe unha das prioridades da DXT.




 

Noticias web

09/12/2020