CRTVG

Buscar

As Directrices do Territorio queren apostar polo rural

Publicado o 26/10/2020 14:01

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou esta mañá ao presidente do Parlamento a memoria das directrices de ordenación do territorio do ano 2019.

O documento analiza liñas estratéxicas de ordenación como son a protección do patrimonio cultural e natural, o fortalecemento de núcleos tradicionais ou a xestión de residuos.

A memoria destaca o papel da rehabilitación como factor dinamizador de Galicia e pon en valor as medidas de Medio Ambiente para revitalizar o rural galego.

Noticias web

26/10/2020