CRTVG

Buscar

As costureiras celebran o seu día entre teas e fíos

Publicado o 14/10/2020 20:51

Entre fíos e agullas pasa o día Chelo. Esta viguesa leva preto de 40 anos traballando como costureira. Comezou nunha boutique e anos despois montou o seu negocio.

Aprendeu a coser á man fixándose en como o facía unha compañeira. A xente achégase ao seu negocio para que lle suba un baixo, cambie unha cremalleira ou para darlle unha segunda vida a unha peza de roupa. Chelo mesmo confecciona roupa de nenos e de adultos.

Durante o confinamento, as costureiras xogaron un papel moi importante, posto que se dedicaron a coser máscaras de maneira gratuíta. Parece que o oficio de costureira continuará porque Malena aprende todos os segredos de Chelo. Un deles é o de coser con luz natural.

Noticias web

14/10/2020