CRTVG

Buscar

As contratacións medran un 26% no sector primario galego

Publicado o 03/08/2020 14:55

O sector primario estase a converter nun dos principais piares da recuperación económica. No mes de xuño este tipo de contratos aumentaron un 26% na nosa comunidade.

En total o mes pasado asináronse 2.300 contratos en Galicia relacionados coa agricultura, coa pesca ou coa gandeiría segundo un estudio realizado por unha coñecida empresa de traballo temporal.

A contratación no sector primario medrou na nosa comunidade un 40% máis ca no conxunto de España, que rexistrou unha caída da contratación nestas actividades do 14%.

 

Noticias web

03/08/2020