As contas do Celta: haberá que sumar catro puntos máis
Publicado o 05/07/2020 19:31
O Celta e o Atlético e Madrid xogaron esta fin de semana envoltos na interminable polémica do VAR, e pasado mañá encontraranse en Balaídos para decidir boa parte do seu futuro en primeira, no caso dos vigueses, e na Liga de Campións, no caso dos colchoeiros.
No Atlético está marcando Morata, e no Celta é Nolito o encargado de ilusionar a parroquia celeste. Semella que é o único que non ten ansiedade pola situación. Quedan 12 puntos e polo menos terán que sumar catro.
Ante o Atlético en Balaídos o martes ás dez da noite, unha nova oportunidade para a permanencia.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 15:20