As comunidades terán que instalar contadores individuais nas calefaccións centrais
Publicado o 15/01/2020 15:11
En España hai preto de dous millons de fogares con calefacción central, un sistema que supón en moitos casos un malgasto da enerxía xa que non consegue a mesma temperatura nas vivendas dun mesmo edificio.
A Unión Europea aprobou unha directiva que agora se está adaptando en España e que obriga as comunidades de propietarios a instalar contadores individuiais.
O custo dos cambios nas caldeiras e nos contadores pode superar os mil euros por vivenda, aínda que finalmente suporá un aforro na factura.
O obxectivo final é conseguir que cadaquén consuma o que realmente necesita.