CRTVG

Buscar

As comunidades aplican novas restricións ante o avance da pandemia

Publicado o 11/01/2021 21:45

Madrid fixa novos confinamentos dende este luns. Son 23 zonas nas que viven mais dun millón de madrileños e que rexistran unha incidencia acmulada superior aos 400 casos por cen mil habitantes.

Andalucía volve decretar o peche perimetral ainda que mantén a mobilidade entre provincias. Adianta o toque de recollida as dez da noite e fixa o peche dos retaurantes ás seis da tarde mentres mantén o das cafeterias e comercio as 8 do serán.

Ante o avance desbocado da pandemia, o goberno balear decreta nas illas o peche da hostalería, centros comerciais e ximnasios dende este mércores, e prohibe as reunións de non convivintes.Tamén Euskadi endurece as restricións e Murcia pasa a fase 2 de risco asistencial pola elevada presión nos centros sanitarios. Ademais confina perimetralmente outros 14 municipios. Practicamente o 90% dos murcianos verán limitada a sua movilidade a partir deste martes.
 

Noticias web

11/01/2021