CRTVG

Buscar

As compras de última hora ateigan as tendas e os centros comerciais

Publicado o 04/01/2020 14:35

Un perfil moi concreto de persoas coincide hoxe nas tendas e nos centros comerciais. "Somos bastante do último día porque entre todas as obrigacións diarias adoitamos deixalo bastante para o final". "Somos das de última hora basicamente. Estamos aproveitando o día para mañá directamente".

Os de última hora deberán aturar comercios cheos e colas interminables. Tamén atascos de tráfico nos accesos aos centros comerciais. "Penso que foi peor onte ca hoxe. Onte si que era difícil entrar polas caravanas. Hoxe madrugamos máis para aproveitar o tempo e de momento ben. Supoño que será peor a última hora." "Os nenos piden cousas no último momento e non as atopas. Tes que levar o que che pide, claro, e non as hai".

As compras de última hora son un clásico destas destas. A culpa destes apuros tardíos non sempre é dos axudantes do Reis. Ás veces son os nenos os que van ao límite. "Non sei aínda, teño que mirar. Non sei, moitas cousas non vou pedir". "Aínda non sei tampouco. Teño que pensalo", contan algúns nenos.

Son casos estraños. A maioría ten moi clara a súa lista de desexos de Reis. "O mando da Swich". "O Monster Track, un patinete, un barco da Patrulla e unha moto". "Unha máquina de coser".

Os de última hora serán os primeiros en aproveitar os descontos dunhas rebaixas que xa se adiantaron en moitos comercios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2020