As compañeiras de piso intentan botar da casa unha enfermeira contaxiada de covid
Publicado o 23/11/2020 15:22

Elena Cañizares, unha estudante de Enfermería que facía as súas prácticas no hospital de Cidade Real, contaxiouse de covid e cando llelo contou ás súas compañeiras de piso tentaron botala da vivenda.
A través de mensaxes ao móbil, dicíanlle que collese as súas cousas e marchase, e mesmo lle chamaban egoísta por non querer facelo.
A historia fíxose viral cando a compartiu nas redes sociais. Non deixaron de chegarlle mostras de apoio. Un apoio que non atopou nas compañeiras de piso.
Máis sobre Sociedade
04/03/2021 20:43