CRTVG

Buscar

As citas de Riazor e O Vao, pratos fortes na grella da G2 do domingo

Publicado o 28/11/2020 16:13

Fernando Vázquez xa avanzara que a estrea de Diego Rólan coa camiseta do Deportivo estaba máis preto, e así é que podería debutar mañá ante o Rácing de Ferrol. Nunha convocatoria coas baixas en ataque de Keko Gontán e Miku por lesión, entra como gran novidade o dianteiro internacional uruguaio.

A fichaxe millonaria inédita, para estrearse ante un Rácing de Ferrol ambicioso neste reencontro coa historia, no derbi do norte. Riazor non poderá estar á altura do enfrontamento, coas bancadas orfas de seareiros. O derbi provincial, mañá na TVG dúas ás 7 da tarde.

Ademais, ás 12 tamén veremos o enfrontamento entre o Coruxo e o Guijuelo dende o campo do Vao. Fóra da casa xogará o Celta B. Visita o Salamanca, o penúltimo.

Noticias web

28/11/2020