CRTVG

Buscar

As cinzas de Blanca Fernández Ochoa esparexeranse en Sete Picos

Publicado o 07/09/2019 14:01

A capela ardente de Blanca Fernández Ochoa abreu as súas portas no tanatorio de Cercedilla, ás nove da mañá, para despedir unha das grandes pioneiras do deporte feminino español. Familiares, amigos e veciños, así como o alcalde da localidade, o ministro de Cultura e Deporte en funcións e a presidenta do Consello Superior de Deportes (CSD), acudiron a acompañar a familia ao tanatorio, onde se lle poderá dar o derradeiro adeus á esquiadora ata as nove da noite.

A familia habilitou un espazo electrónico accesible a través dun código QR para que calquera persoa poida trasladar as súas condolencias cunha mensaxe.

Os restos mortais da deportista serán incinerados nun acto privado en Pozuelo de Alarcón, para posteriormente esparexer as súas cinzas por Sete Picos, a súa montaña preferida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019