CRTVG

Buscar

As cidades galegas modifican a mobilidade urbana para gardar as distancias

Publicado o 12/05/2020 20:50

Vivimos en perímetros máis pequenos, porque nos desprazamos menos, e gardamos distancias máis grandes para non contaxiarnos. Gastamos máis roda, pero de bicicleta, e usamos menos o coche. É época de cambios, e a muralla de Lugo, que ten visto moitos, volve ser testemuña.

En Vigo empezaron as fins de semana, e xa son 70 as rúas peonís ata as once da noite do domingo. O experimento ampliouse ás tardes dos días laborables nunha vintena de vías e, dado o éxito, acaban de estendelo, así que, as rúas sen coches de cinco a once de luns a venres xa son 43.

Zonas limitadas a 10 km/h na Coruña para permitir o paso aos garaxes e a práctica deportiva durante franxas horarias e rúas peonís no Ensanche compostelán durante as fins de semana. O tempo dirá se desta pandemia herdaremos unha nova mobilidade.

Noticias web

12/05/2020