CRTVG

Buscar

As cidades de Santiago e Ourense, máis preto de poder relaxar as restricións

Publicado o 25/11/2020 21:55

Sanidade prevé retirar as medidas máis duras cando a incidencia baixe dos 100 casos

Un deses criterios  é que haxa unha taxa de incidencia de menos de cen casos por cen mil habitantes. E que ese dato se manteña estable de xeito continuado entre unha e dúas semanas. É o criterio que se utilizou para levantar as restricións máis duras esta medianoite en oito concellos e que estarían a piques de cumprir tamén Santiago e Ourense. A súa situación vaina revisar o comité clínico o próximo venres. En Sanidade apuntan a que se lles poderían levantar as restricción ainda que non será de xeito inminente.

A evolución epidemiolóxica en Galicia é estable con tendencia descendente. Oito concellos abandonan as restricións máis duras ao cumpriren os criterios da desescalada sobre os que traballa o comite clínico. "Retiramos as restricions cando a incidencia acumulada se mantén estable por debaixo de 100 nos ultimos sete ou dez dias", explica Carmen Duran, directora xeral de Saúde Pública.

Este criterio estarían para cumprilo outros concellos máis grandes, como Santiago e Ourense. Iso deberá ser analizado o venres polo comité clínico.

Pero piden prudencia porque o alivio en Santiago e Ourense non ten por que ser inminente. Na decisión tamén pesan outros criterios, entre eles a presion asistencial na área sanitaria. No comité clínico tamén apelan a manter a prudencia nas celebracións de Nadal. "Reunireime cos familiares no exterior e sempre con máscara, e as miñas celebracións familiares van ser só cos meus conviventes", comenta Pedro Rascado, membro do comité clínico.

Cómpre protexer os máis vulnerables da familia independentemente do que permitan as autoridades. É a reflexión persoal de quen vive o día a día nas unidades de coidados intensivos.

 

Noticias web

25/11/2020