CRTVG

Buscar

As chuvias torrenciais azoutan o sur e o centro da China

Publicado o 26/06/2020 09:13


As chuvias torrenciais azoutan o sur e o centro da China, onde moitos ríos comezaron xa a rebordar e provocaron graves inundacións.

As fortes chuvias anegaron ducias de municipios e provincias, e o Goberno recoñeceu que preto de 150 ríos superaran xa os nives de alerta. Milleiros de persoas tiveron que abandonar as súas casas polas enchentes. O Goberno chinés instou a unha ducia de provincias a extremaren as precaucións ante o risco de que se repitan os asolagamentos por chuvias fortes nos próximos días.

Noticias web

26/06/2020